• XSolidaria 2021 png

Noticias

Sarela participará no curso de verán do USC que analizará a reforma lexislativa que acabará coa incapacitación xudicial das persoas con discapacidade

Sarela participará no curso de verán do USC que analizará a reforma lexislativa que acabará coa incapacitación xudicial das persoas con discapacidade

Co obxectivo de analizar tanto o contido coma os aspectos prácticos da Lei, prestando especial atención ao papel da familia das persoas con discapacidade, o curso estrutúrase sobre tres tipos de actividades: conferencias, mesas redondas e talleres protagonizados por distintas asociacións dedicadas ao apoio de persoas con discapacidade e as súas familias. Rocío García, psicóloga-neuropsicóloga de Sarela, participará nun dos obradoiros do curso sobre o impacto da reforma nas organizacións da sociedade civil que se denvolverá o día 20 ás 18:00.

 

A nova norma supón un cambio lexislativo de gran calado dirixido a cumprir cos ditados do artigo 12 da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade e recoñece a plena capacidade xurídica a todas as persoas, con e sen discapacidade, entendendo por capacidade xurídica tanto a aptitude para ser titular de dereitos como a posibilidade de exercitalos.

 

En segundo lugar, e como consecuencia do anterior, co fin de respectar a mencionada plena capacidade xurídica da persoa con discapacidade, o novo modelo que senta a reforma cambia os mecanismos “substitutivos” na toma de decisións que afectan á persoa con discapacidade por un sistema de “apoios” para que esa persoa poida tomar as súas propias decisións.

 

En terceiro lugar, e para evitar que a reforma quede nun mero cambio no papel e que os mecanismos de apoio poidan ser terxiversados e amparen, na práctica, a substitución da persoa con discapacidade na toma das decisións que lle afectan, a reforma articula una serie de garantías para asegurar o respecto dos dereitos, a vontade e as preferencias da persoa con discapacidade.

 

Información completa sobre o curso neste enlace: Curso de verán "A familia no novo réxime da discapacidade"

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar