• servizos sarela 795x180

Noticias

A colaboración co Refuxio de Bando trasládase ao Traspaxonal

A colaboración co Refuxio de Bando trasládase ao Traspaxonal
A actividade de coidado de animais, que se viña realizando no Refuxio de Bando, acaba de trasladarse ao contorno do novo centro de Sarela. A ampliación do centro de día, no que actualmente participan 23 persoas, imposibilita o desprazamento semanal ao refuxio de animais que se viña facendo ata agora.
 
Así, voluntarios e voluntarias do Refuxio de animais vanse achegar ao centro de Sarela dúas veces ao mes acompañados de dous cans cos que as persoas usuarias da asociación practicarán o coidado e atención. Con esta actividade as persoas con dano cerebral fan exercicios que estimulan a súa capacidade cognitiva e a súa mobilidade funcional.
 
A primeira sesión da nova actividade tivo lugar este martes -na imaxe, un momento da mesma-, e vai continuar cada segundo e cuarto martes de mes. Farase no interior do centro, ou fóra, na explanada contigua, cando faga bo tempo.
 
Ata o de agora, Sarela visitaba o Refuxio de Bando -que se dedica á acollida, coidado e promoción da adopción de animais abandonados- unha vez por semana, para realizar diferentes actividades de voluntariado e coidado de animais.
 
Categorías: Sarela , Voluntariado

Multimedia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.