Foto de grupo do encontro

A comunidade "Conectados por la accesibilidad" lánzase ao reto da transformación dixital accesible

24/02/2017

Os obxectivos para 2017 centraranse nos procesos de transformación dixital nas contornas de vida das persoas con discapacidade que favorezan a súa plena inclusión e participación na sociedade.

As entidades que conformamos a comunidade “Conectados por la Accesibilidad” (#conecta2Xlaaccesibilidad) –FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral), Plena Inclusión, Down España, a Orde Hospitalaria de San Juan de Deus, Confederación ASPACE, Hospital Vall D’Hebrón e Fundación Vodafone España- reunímonos o 21 e o 22 de febreiro no II Encontro baixo o lema “Transformación Dixital Accesible".

Este encontro, ao que asistiron máis de 120 persoas, serviu para poñer en común os logros alcanzados e, sobre todo, para definir os novos retos para 2017, que se centrarán nos procesos de transformación dixital nas contornas de vida das persoas con discapacidade que favorezan a súa plena inclusión e participación na sociedade. Para iso, deseñáronse proxectos colaborativos nos que tamén se contará con axentes externos e outras entidades que aseguren a súa realización en contornas reais.

Un total de 18 proxectos póñense en marcha contando coa participación de máis de 100 entidades de toda España e que en 2017 involucrarán a máis 2.500 persoas con discapacidade e profesionais que traballan con elas. Os proxectos abordarán distintas temáticas relacionadas coa vida laboral, vida familiar, lecer e comunitario, saúde persoal, economía persoal, tarefas domésticas, autocoidado, tecnoloxía, xestión de problemas, responsabilidades, educativo así como a “carta de dereitos”.
 

Sarela, entidade mentora

Dentro desta comunidade Sarela participa da man de FEDACE e outras entidades do DCA no proxecto Mefacilyta. Esta aplicación para móbiles e tabletas as persoas con discapacidade poden acceder a apoios personalizados que promoven a súa autonomía persoal. Desde este momento Sarela é unha das entidades mentoras que son as responsables de liderar proxectos ao redor do conxunto de aplicacións da Fundación Vodafone, e en entidades asociadas.

 

Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información