A Deputación da Coruña concede unha subvención para prestar o servizo de información, orientación e asesoramento a persoas e familias con DCA

10/06/2023

A Deputación da Coruña concedeu a Sarela unha subvención de 36.800 euros dentro do “Programa FOCVAA: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2023”. A resolución foi publicada no BOP do 5 de xuño. Esta subvención afianza o Servizo de información, orientación e apoio a familias que é un elemento fundamental e gratuíto para as persoas e familias con DCA.

O proxecto que será apoiado desde a Deputación da Coruña busca paliar a situación de desorientación provocada pola falta de información á que normalmente se enfrontan as familias de persoas con DCA. Esta carencia é estrutural na nosa contorna sociosanitaria e provoca un choque emocional e organizativo na familia ademais de dificultar a procura de recursos e a toma de decisións importantes.

As actividades que se desenvolverán neste programa subvencionado pola Deputación da Coruña son:

  1. Informar e asesorar individualmente á persoa e familia sobre o DCA e as súas necesidades.
  2. Asesorar na tramitación de axudas, prestacións e servizos requeridos.
  3. Realizar sesións formativas e de capacitación sobre as consecuencias e estratexias de manexo
  4. nos coidados dun familiar con DCA.
  5. Favorecer unha mellor e rápida derivación a recursos axeitados a través da coordinación entre profesionais sociosanitarios.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información