A Fundación La Caixa concede 24.000 euros a Sarela

02/07/2014

Para o financiamento de gastos de persoal do novo centro de día.

A Fundación La Caixa acaba de conceder unha subvención de 23.980 euros a Sarela, que se vai executar durante 12 meses entre este ano e o próximo. Sarela presentouse á convocatoria da fundación para axudas á promoción da autonomía persoal e atención á discapacidade e á dependencia.
 
O proxecto presentado por Sarela está destinado ao financiamento dos gastos de persoal do seu novo centro de día, debido ao aumento de prazas de persoas usuarias e, polo tanto, tamén de profesionais. O traslado ás novas instalacións, e tamén a ampliación de prazas e de persoal laboral, está previsto para despois do verán. 
 
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información