A I Festa do Squash será a favor de Sarela

03/07/2019

O próximo venres 12 de xullo celebrarase nas instalacións do Squash Club Santiago no Milladoiro a I Festa do Squash. Nela estarán xogadores e ex-xogadores de moitos clubs galegos e tamén socios e antigos socios do Squash Santiago. A metade do recadado no evento doarase a Sarela.

O próximo venres 12 de xullo celebrarase nas instalacións do Squash Club Santiago no Milladoiro a I Festa do Squash. Nela estarán xogadores e ex-xogadores de moitos clubs galegos e tamén socios e antigos socios do Squash Santiago. A metade do recadado no evento doarase a Sarela.

A idea é xuntar de novo a xente que fai anos que non se ve, desenfundar a raqueta e compartir un terceiro tempo logo dos partidos. Entre os participantes no torneo están apuntados o actual campión de Europa Borja Golán; o integrante da selección española Carlos Cornes; o ex integrante da Selección española Alex Garbí; o campión de España de veteranos Jesús Souto; o campión de España júnior Aron Astray; o vigués Hugo Varela, xogador profesional de squash, e a campioa de España Sub 15 e Sub 17 Martina Flores.


 

Tamén estarán ex xogadores que conseguiron grandes logros como o santiagués Iago Cornes, que foi campión de Europa sub16 coa Selección española; o que foi varias veces campión galego, Marcos Chantada; o integrante da selección española nior, o santiagués Roberto Valdés ou o ex campión galego nior Miguel Arias, entre outros moitos. Así mesmo están invitados os ex presidentes da Real Federación Española de squash, o vigués Rogelio Chantada, e da Federación Galega de Squash, Raúl Araújo. Tamén asistirá o presidente actual da Federación Galega.

A xornada comezará o venres sobre as 17 horas cun torneo por equipos no que se disputarán encontros breves, para que os que leven tempo sen xogar non se lle faga moi duro. Sobre as 20:30 h. os participantes dirixiranse ao Restaurante Squash no club de tenis do Squash Santiago no Milladoiro para comezar co sorteo de premios e uns pinchos. A partir das 23:00h. haberá música en directo para todos os asistentes.

As participacións para o sorteo pódense adquirir xa na recepción do club por 5 euros. Poñeranse en xogo miás de 40 premios doados por empresas e outros colectivos, entre os que destacan noites de hotel, comidas en restaurantes, raquetas, camisetas asinadas polos mellores xogadores do mundo do squash, un xamón, unha cafeteira de cápsulas, tratamentos de spa e de masaxe, diverso material deportivo e clases específicas con monitores do Squash Santiago.

A I Festa do Squash busca fomentar os valores do deporte desde os máis pequenos ata os veteranos, e pretende ser nexo de unión para persoas vinculadas ao squash e ao club que levan anos sen verse. Outro dos obxectivos é dar a maior difusión e visibilidade posible a asociacións do ámbito social, neste caso Sarela. Será un día de celebración para todo o mundo que queira vir divertirse e colaborar por unha boa causa.

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información