A múltiple discriminación das mulleres con discapacidade

08/03/2019

Non son novas as análises críticas de entidade como Cermi (Comité español de representantes de persoas con discacapacidade), a través da Fundación Cermi Mujeres, da situación e das políticas públicas do Estado español en materia de discapacidade e igualdade de xénero. Algunha das medidas reclamadas e dos datos que achegan falan claramente da discriminación múltiple e interseccional que sofren as mulleres e nenas con discapacidade.

Non son novas as análises críticas de entidades como Cermi (Comité español de representantes de persoas con discapacidade), a través da Fundación Cermi Mujeres , da situación e das políticas públicas do Estado español en materia de discapacidade e igualdade de xénero. Algunha das medidas reclamadas e dos datos que achegan falan claramente da discriminación múltiple e interseccional que sofren as mulleres e nenas con discapacidade.

 

  • As mulleres e nenas con discapacidade teñen maior risco de sufrir todo tipo de abusos e violencia e repetidas sen tempo.
  • O Cermi fala de que case unha de cada tres mulleres con discapacidade asegura que sufre ou sufriu algún tipo de violencia física, psicolóxia ou sexual. Moi por enriba do resto das mulleres e, polo tanto, dos homes.
  • Seguen a producirse esterilizacións forzosas e abortos coercitivos á vez que perduran os obstáculos para acceder aos servizos de saúde sexual e reprodutiva.
  • Desde o punto de vista laboral a variable de xénero ten maior impacto que a discapacidade na mesma.
  • A fenda salarial entre mulleres e homes con discapacidade é do 14%. As mulleres cobran, de media, 3.250 euros menos ao ano.
  • Teñen peores taxas de actividade, emprego etc.
  • Teñen peores condicións laborais en termos de precariedade no tipo de contrato (maior frecuencia de contratos temporais e de xornada parcial), menor contratación etc.
  • o 65% das mulleres con discapacidade están consideradas inactivas economicamente a pesar de que segan ocupando dous coidados informais.

 

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información