A SD Compostela visita Sarela este mércores

06/04/2015

O equipo de fútbol e a asociación de dano cerebral levan anos colaborando.

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela recibe, este mércores, a visita da SD Compostela. Unha delegación de xogadores e membros da directiva do club deportivo achegarase ao Traspaxonal para visitar as novas instalacións da asociación.
 
A relación de colaboración entre Sarela e a SD Compostela vén de vello. A asociación ten en depósito varios carnés cedidos polo club que posibilitan que calquera persoa usuaria de Sarela poida achegarse ao campo para ver os partidos do Compostela. 
 
Ademais, no estadio de San Lázaro loce unha pancarta de Sarela que forma parte das campañas de prevención do dano cerebral adquirdo (DCA) que realiza a asociación. A segunda das causas do DCA son os traumatismos cranioencefálicos, e boa parte deles están motivados por golpes e accidentes que se producen durante a práctica deportiva. Promover o xogo limpo e a práctica deportiva no marco dunha sa competición son obxectivos de importancia para Sarela.
 
Esta non é a primeira visita que o equipo fai a Sarela. En xuño de 2012 a asociación de dano cerebral recibía ao presidente do Compostela, Antonio Quinteiro. Tivo a oportunidade de ver o centro que Sarela ocupaba no barrio das Cancelas, e tamén puido asinar no libro de honra da entidade. Na imaxe pódese ver a Antonio Quinteiro mentres asina.
 
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información