A tarxeta de estacionamento valerá en todas as comunidades

09/01/2015

En decembro publicouse un novo Real Decreto que regula o aparcamento.

O Consello de Ministros aprobou, en decembro, o Real Decreto 1056/2014, de 12 de decembro, polo que se regulan as condicións básicas de emisión e uso da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade. A principal novidade que presenta o Real Decreto é que a tarxeta de estacionamento será válida en todas as localidades e comunidades autónomas, con independencia de en que cidade foi concedida.
 
Segundo o propio texto do decreto, o seu obxectivo é "o establecemento, desde o máis absoluto respecto ás competencias autonómicas e municipais, dunhas condicións básicas que garantan a igualdade en todo o territorio para a utilización da tarxeta de estacionamento".
 
O texto legal tamén inclúe un suposto de concesión excepcional dunha tarxeta de estacionamiento provisional para persoas con mobilidade reducida por enfermidade durante un periodo de tempo concreto. Terá un carácter provisional, dun ano. A patoloxía deberá ser certificada por un médico do servizo público de saúde.
 
  • Nesta ligazón de Discapnet hai máis información sobre a orixe e tramitación da tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida.
  • Aquí hai información do concello de Santiago de Compostela sobre as axudas e reducións municipais tanto en materia de tráfico como noutros aspectos.
 
A imaxe está extraída de Wikimedia Commons e ten licenza CC-BY-SA-2.5.
 
pdf
  • Real Decreto polo que se regula o uso das tarxetas de estacionamento
  • Texto do Real Decreto 1056/2014, de 12 de decembro, polo que se regulan as condicións básicas de emisión e uso da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade.

  • Baixar ficheiro
Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información