Contalo, explicalo, vivilo.

22/01/2020

Esas son as claves da actividade de sensibilización que o equipo de profesionais de Sarela deseñou para, a través dunha metodoloxía lúdica e participativa, destinada a escolares de primaria e secundaria. Acompañando a unha pequena charla adaptada a cada idade, as profesionais de Sarela tamén poñen en práctica unha parte vivencial con experiencias a través das que os/as escolares poden percibir algunhas das secuelas derivadas do dano cerebral.

Con motivo da celebración do seu vinte aniversario, Sarela comezou unhas semanas unha actividade de sensibilización destinada aos escolares de primaria e secundaria. O obxectivo é crear actitudes positivas cara ás persoas con discapacidade a causa do dano cerebral adquirido a través dunha serie de actividades de achegamento á súa realidade.

 

Contalo, explicalo, vivilo. Esas son as claves da actividade que o equipo de profesionais de Sarela deseñou para, a través dunha metodoloxía lúdica e participativa, comprender a diversidade do dano cerebral. Acompañando unha pequena charla adaptada a cada idade, como profesionais de Sarela tamén poñen en práctica unha parte vivencial con experiencias a través das que os/as escolares poden percibir algunhas das secuelas derivadas do dan cerebral.

 

Sarela parte de que o ámbito escolar é, xunto co familiar, o primeiro espazo de aprendizaxe e crecemento social dos nenos e nenas. Por esta razón é importante achegar propostas educativas que contribúan ao desenvolvemento do ser humano desde o fomento de valores como a empatía, a solidariedade, a tolerancia e a aceptación das diferenzas individuais.

 

Desde esta perspectiva, estes encontros cos estudantes son unha forma de colaborar co equipo educativo dos centros na tarefa de sensibilizar e crear actitudes positivas cara ás persoas con discapacidade e, máis concretamente, ás que teñen dano cerebral adquirido. A maior parte da poboación non identifica correctamente o DCA a pesares de ser a primeira causa de discapacidade e dependencia en España. Sen embargo, ao falar das causas que o provocan (ICTUS, traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais etc) a moita xente ten referencias directas no noso entorno.

 

Cos estes talleres , Sarela que, entre outros obxectivos, achegar a realidade das persoas con dano cerebral e a súa cotiandade aos alumnos favorecendo a empatía; fomentar valores cooperativos e de colaboración con posibles amigos/as ou compañeiros/as con discapacidade; potenciar os valores de respecto e solidariedade dos alumnos explicando as necesidades e problemáticas individuais e familiares deste colectivo ou crear os alumnos o sentido de xustiza e conciencia social.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información