Miles de persoas e máis de oitenta entidades celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade "Baixo o mesmo paraugas"

03/12/2019

Miles de persoas en toda Galicia saíron á rúa cos seus paraugas para celebrar xunto a máis de 80 entidades sociais o Día Internacional de las Personas con Discapacidade con la iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”, que nesta cuarta edición se celebrou na Coruña, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, e por primeira vez, en Lugo y Ourense. En Santiago o acto celebrouse na Praza do Obradoiro.

Miles de persoas en toda Galicia saíron á rúa cos seus paraugas para celebrar xunto a máis de 80 entidades sociais o Día Internacional de las Personas con Discapacidade con la iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”, que nesta cuarta edición se celebrou na Coruña, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, e por primeira vez, en Lugo y Ourense. En Santiago o acto celebrouse na Praza do Obradoiro.

 

Xunto as persoas con discapacidade estiveron familiares, profesionais, persoas voluntarias e representes dos catro grupos municipais co Alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo á cabeza. Este ano o acto estaba convocado por Down Compostela, Fegadace (Federación Galega de Dano Cerebral), Aspamite (Asoc. de Pais de Persoas con Diversidade funcional de Teo) , Aspanaes (Asoc. de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista), Acem (Asoc. Compostelá de Esclerose Múltiple), Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple) e Sarela.

 

 

Nunha fermosa e fría mañá de outono a cidadanía congregada diante da Casa do Concello escoitou en boca de persoas con discapacidade das entidades convocantes o manifesto que á mesma hora era lido no resto de cidades. Previamente, o Alcalde de Santiago, que presidía o acto, tomou a palabra e afirmou que “hoxe estamos celebrando que todas as persoas podemos ser distintas pero somos iguais. Somos unha sociedade plural, aberta e que se enriquece pola diversidade das persoas que a conformamos. A clave é conseguir que todos, independentemente das nosas circunstancias e dos nosos puntos de partida cumpramos as nosas expectativas de vida”.

 

Oscar, Paula, Manuel, Vicente e Maribel foron as persoas encargadas de ler o manifesto e poñer voz aos lemas elixidos por cada entidade para facer patente as súas inquedanzas e desexos.

 

 

 

 

 

 

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información