Actos de celebración dos días do dano cerebral adquirido e do ictus

18/10/2016

Como cada ano Sarela organiza un completo programa de actos para conmemorar o Día do Dano Cerebral adquirido (mércores 26 de outubro) e do Día do Ictus (sábado 29). Mesas informativas, cursos de formación, actos institucionais e música solidaria son algunha das actividades que detallamos a continuación.

Como cada ano Sarela organiza un completo programa de actos para conmemorar o Día do Dano Cerebral adquirido (mércores 26 de outubro) e do Día do Ictus (sábado 29). Mesas informativas, cursos de formación, actos institucionais e música solidaria son algunha das actividades que detallamos a continuación.

 

Martes 25

Participación no Curso da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) “A rehabilitación física e psíquica no dano cerebral adquirido” cos seguintes relatorios:

  • 11.30-12.30 Familia e dano cerebral adquirido. Rocío García Calvo, Psicóloga/Neuropsicóloga de Sarela.
  • 18.30-19.30 Recuperación das funcións da linguaxe. A fala e deglutición. charla a cargo dunha logopeda de Sarela.

 

 

Mércores 26 Día do Dano Cerebral Adquirido

 

10.00-13.00 horas | Lugar: Hospital Clínico de Santiago

Mesa informativa sobre o DCA na entrada principal. Reparto de dípticos e carteis nos Servizos de referencia.

 

11.00-13.00 horas | Lugar: Parlamento de Galicia

Visita de persoas usuarias do Centro de Atención Diúrna Terapéutica ao Parlamento de Galicia.

 

12.00 horas | Lugar: Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela

Lectura do Manifesto do Día Nacional do DCA, xunto con FEGADACE, no Concello de Santiago de Compostela. Fará a lectura José Balboa, Presidente de Sarela.

 

 

Xoves 27

12.00 horas | Lugar: Facultade de Medicina de Santiago de Compostela

38º Congreso Nacional SEMERGEN. Mobilización solidaria a través dunha FLAHMOB xunto con FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral).

 

16.30-19.30 horas | Lugar: Aulas do viveiro de empresas de Porto do Son

Impartición do obradoiro da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns “Rehabilitación e fisioterapia en dano cerebral” a cargo de Susana Suárez Álvarez, Fisioterapeuta de Sarela.

 

 

Venres 28

10.00-13.00 horas | Lugar: Hospital Clínico de Santiago

Mesa informativa sobre o Ictus, xunto con FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral).

 

19:30-20.30 horas | Lugar: Conservatorio Profesional de Música de Santiago

Concerto Solidario do Coro de Amigos do Conservatorio Profesional de  Música de Santiago.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información