• servizos sarela 795x180

Noticias

Actos informativos en Negreira

Actos informativos en Negreira

O venres 2 de febreiro estaremos no Concello de Negreira con dous actos informativos que organizamos como parte do noso traballo de información sobre o Dano Cerebral Adquirido entre a poboación da área sanitaria de Compostela. 

 

A partir das 18:00 no Telecentro haberá unha charla aberta na que Olalla Domínguez, unha das nosas traballadoras sociais, falará das causas do dano cerebral adquirido e da súa prevención. Tamén dará claves sobre o coidado e rehabilitación das persoas que sofren esta discapacidade.

 

Previamente, ás 17:30 no novo Auditorio as terapeutas ocupacionais de Sarela Ana Ruiz e Majo Hermida terán un encontro coas profesionais do programa municipal de axuda no fogar para falar das especificidades que implica o coidado de persoas con dano cerebral, promovendo a máxima autonomía das mesmas, e haberá unha parte práctica sobre aspectos como transferencias e posicionamentos.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.