Actualización da Guía de Axudas Sociais e Servizos para familias do Ministerio de Dereitos Sociais

14/06/2022

Xa podes descargar na web a actualización desta guía que se publica anualmente co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.

Esta guía é un documento que recolle todas as prestacións estatais en materia de Seguridade Social, permisos e excedencias, emprego, beneficios fiscais por fillos a cargo, familias numerosas, monoparentais, con membros en situación de dependencia, en materia de vivenda e culturais, deportivas e turísticas.

En concreto, o apartado VII (páxina 76) está dedicado a 'Axudas para familias con persoas en situación de dependencia e/ou discapacidade' e trata aspectos como a protección específica das persoas coidadoras non profesionais no entorno familiar; prestación económica de asistencia persoal; explica o funcionamento da OADIS (Oficina de Atención a la Discapacidas), entre outras temas.

Descarga a guía:

pdf
  • Guía de ayudas sociales y servicios para las familias (2022) - Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030
  • Baixar ficheiro
Categorías: Discapacidade , Dependencia
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información