Xa podes ver un adianto da nova obra de teatro

24/05/2016

Os actores e actrices principais son vintecinco das persoas usuarias do noso centro

Como xa informamos anteriormente, o día 10 de xuño estreamos no Auditorio de Galicia “Sarela e a Fábrica de chocolate”, a última obra do noso  grupo de teatro. Os actores e actrices principais son 25 das persoas usuarias do noso centro, aos que acompañarán voluntarias e voluntarios así como familiares e profesionais da asociación. Levamos semanas traballando moi duro para que todo saia perfecto e como proba aí  vai unha mostra que fan nos ensaios. Pode ver o vídeo na nosa canle de Youtube facendo clic na imaxe inferior.

 

Ensaio obra de teatro A acción desenvólvese nunha fábrica de chocolates que vive unha situación de crise que deriva nunha folga retransmitida por televisión. A negociación é dura e polo medio haberá eleccións, “mordiditas” e incluso algunha historia de amor non sabemos se correspondido ou non. Por último lembrar que as entradas xa se poden reservar no teléfono 881978519 e no correo electrónico administracion@sarela.org ao prezo de 6 euros.

 

 

Categorías: Sarela , Teatro
Tags: Teatro
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información