“Aí ten vostede a porta”

07/01/2014

As asociacións denuncian que os pacientes con dano cerebral son dados de alta antes de tempo sen apenas rehabilitación.

En España hai 420.000 persoas con dano cerebral adquirido. Asociacións de pacientes denuncian que, unha vez estabilizados os enfermos, os hospitais aceleran a súa alta, sen apenas rehabilitación. Fóra, o panorama é desolador: case non hai recursos públicos e son poucas as prazas concertadas para persoas que, en ocasións, quedan con graves discapacidades. A única solución, para as familias que poden, é pagar unha praza privada -uns 7.000 euros ao mes- nun centro de neurorrehabilitación.

 

O primeiro que chama a atención ao cruzar as portas do Centro de Referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral (Ceadac), situado en Madrid e dependente do Imserso, é a mocidade de quen percorren os seus corredores. Normal, porque máis do 70 por cento dos traumatismos cranioencefálicos -xunto cos ictus, unha das principais causas do dano cerebral adquirido- teñen a súa orixe en accidentes de tráfico, cunha especial incidencia nos máis novos. A idade media dos pacientes do Ceadac é de 32 anos.

 

A reportaxe continúa na edición en papel da revista Interviú. Inclúe declaracións do colaborador de Sarela e psicólogo clínico do CHUS Miguel Anxo García, así como o testemuño dunha familia tratada no hospital do Meixoeiro, en Vigo.

 

Categorías: Dano Cerebral Adqurido

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información