Alento acolle o IX Encontro de Voluntariado de FEDACE

25/09/2015

Celébrase desde hoxe na Asociación de Dano Cerebral de Vigo.

A Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) celebra do 25 ao 27 de setembro o seu IX Encontro de Voluntariado de dano cerebral. Os encontros teñen por obxectivo o intercambio de experiencias e a formación do voluntariado das asociacións de dano cerebral, un grupo de máis de 200 persoas que colaboran co seu tempo e coñecementos no desenvolvemento dos proxectos das asociacións. Con estas actividades, o voluntariado tamén ten a oportunidade de estreitar vínculsos entre compañeiros e compañeiras doutras cidades, e de coñecer como son e como traballan as asociacións de dano cerebral existentes noutros puntos de España.
 
Por iso, esta fin de semana celébrase en Vigo, co apoio da asociación Alento, este encontro que reune a 40 voluntarios e voluntarias de distintas asociacións de DCA. No programa inclúese formación específica sobre alteracións da conduta, problemas cognitivos e problemas de comunicación no DCA; enfocada a coñecelos, comprendelos e saber como afrontalos no día a día da súa tarefa. Tamén se impartirá unha formación sobre primeiros auxilios e o encontro finalizará cun debate entre os asistentes sobre o seu rol nas asociacións de dano cerebral.
 
Os Encontros de Voluntariado e o Programa de Voluntariado son posibles grazas á colaboración do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Nesta edición, organizada co apoio de Alento, tamén contamos coa colaboración de Vitrasa, que ofrece un servizo de autobús aos voluntarios/as para os desprazamentos programados dentro do Encontro.
 
*Información e cartel extraídos da páxina web de FEDACE.
 
    Cartel do Encontro de Voluntariado de FEDACE
Tags: Alento

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información