Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Como informamos o pasado día 16, a Xunta directiva de Sarela acordou non abrir o centro de día de Sarela até o 1 de setembro despois de analizar as necesidades das familias e os condicionamentos existentes. Sen embargo, as persoas usuarias deste servizo están a recibir as terapias individuais de rehabilitación e comezaron a desfrutar dun novo programa de saídas de lecer para recuperar o contacto persoal e familiarizarse, con experiencias reais, coas normas de seguridade sanitaria.
Como informamos o pasado día 16, a Xunta directiva de Sarela acordou non abrir o centro de día de Sarela até o 1 de setembro despois de analizar as necesidades das familias e os condicionamentos existentes para o mesmo. Ante esta situación, Sarela deseñou un novo programa de lecer no entorno comunitario no que participan as persoas usuarias deste servizo e que se suman aos tratamentos individuais de rehabilitación aos que veñen asistindo desde que reabriu o centro.
Esta nova actividade organízase en base a pequenos grupos de catro ou cinco persoas usuarias e dúas profesionais que realizan paseos en espazos abertos, sexan en Santiago ou noutros concellos. Un dos seus obxectivos é recuperar o contacto persoal despois de moitos tempo separados. Temos que pensar que até o confinamento, estas persoas convivían intensamente no centro de día e teñen creados fortes vínculos persoais. Por outro, nas saídas traballan nun entorno real aspectos que teñen que ver coas normas de seguridade fronte á Covid-19 como son o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade, a hixiene das mans etc.