• servizos sarela 795x180

Noticias

Arousa Man 2019

Arousa Man 2019

Manuel Martínez (organizador), Concha Ferández (vicepresidenta de Sarela), Manuel Ruiz (alcalde de Ribeira), Manuel Martínez "O Nacho" (organizador), Guillermo Díez e Cristina Calviño (nadadores)

Hoxe presentouse na casa do Concello de Ribeira a terceira edición deste reto de natación en augas abertas e que grazas á iniciativa de Manuel Martínez “O Nacho” busca visibilizar o Dano cerebral Adquirido. O reto será o vindeiro 27 de xullo e os/as 40 nadadores/as inscritos deberán completar a distancia que separa O Grove de Ribeira.

 

Manuel Martínez “O Nacho” é unha persoa con Dano Cerebral Adquirido como secuela dun neurinoma do acústico, un tumor cerebral benigno que afecta a 1 de cada 100.000 persoas ao año. Desenvólvese no nervio auditivo, provoca perda de audición, perdas de equilibrio e seu desenrolo provoca diferentes danos neurolóxicos importantes. A súa ubicación, no momento da cirurxía, convérteo nun tumor de risco con danos cerebrais asociados.

 

Foi Manuel, co apoio e empeño da súa familia e amizades, o impulsor en 2015 da primeira travesía a nado entre O Grove e Ribeira para dar visibilidade ao dano cerebral adquirido. Juan Ramón, irmán de Manolo e unha das persoas que máis enerxía dedica á súa organización, resume nunha frase este reto e seus obxectivos: “nós catro horas, eles toda a vida” como chamada de atención para que a sociedade e as institucións reparen na que é a primeira causa de discapacidade e dependencia en España e sobre a que existe moito descoñecemento.

 

Na maña de hoxe presentouse esta terceira edición na Casa do Concello de Ribeira e na que participaron os citados Manuel e Juan Ramón Martínez; Manuel Ruiz Rivas, alcalde de Ribeira; Concha Fernández, vicepresidente de Sarela, e os nadadores Cristina Calviño e Guillermo Díez en representación dos/as 40 participantes que o día 27 de xullo nadarán as máis de 7 millas náuticas que separan O Grove de Ribeira.

Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira, destacou o feito de que Manolo “O Nacho” e súa familia aproveitaran a adversidade para facer unha iniciativa que é moi querida na vila e que serve para facer visible unha discapacidade que calquera pode padecer.

 

Cristina Calviño e Guillermo Díez recoñeceron que, como nadadores, as persoas con dano cerebral son unha inspiración para superar momentos de debilidade cando levas varias horas nadando.

 

Concha Fernández, vicepresidenta de Sarela, agradeceu a Manolo “O Nacho” e a toda a organización ter contado desde o comezo con Sarela para camiñar xuntos nese difícil traballo que é dar a coñecer o dano cerebral e pelexar por acadar a mellor vida posible para as persoas con DCA. Lembrou que Sarela traballa nos concellos da área sanitaria de Santiago e puxo como exemplo o punto de información que recentemente comezou a funcionar no Hospital da Barbanza e que é atendido todos os martes de 10 a 13 por unha traballadora social da entidade.

 

Tes máis información sobre o ArousaMan 2019 na súa web ou na súa páxina de Facebook.

 

Categorías: Dano Cerebral Adqurido
Tags: ArousaMan

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.