ArousaMan pon á venda camisetas e gorros solidarios

20/07/2015

Promocionan a travesía a nado e recadan diñeiro para Sarela.

A organización da travesía a nado ArousaMan 'Manolo O Nacho' ten como obxectivos chamar a atención sobre a problemática do dano cerebral adquirido e recadar fondos para Sarela. E, precisamente para cumprir con este último, puxeron á venda dous produtos relacionados coa travesía: unha camiseta e un gorro de natación.
 
A camiseta pódese adquirir por 12 euros e está dipoñíbel en catro tallas: S, M, L e XL. En canto ao gorro, ten un prezo de 7 euros, é de cor verde e ten unha lenda recordatoria da distancia da travesía. Tanto a camiseta como o gorro poden mercarse cubrindo o formulario online creado polo comité organizador de ArousaMan. Se se prefire, pode cubrirse o folleto que aparece ao final e envialo a arousaman.manolo.nacho@gmail.com.
 
Tanto a camiseta como o gorro poderán recollerse o propio 25 de xullo na praia de Coroso entre as 12:00 e as 14:00, que é o horario previsto de chegada dos dez nadadores e nadadoras. O pagamento realizarase nese momento.
 
Hai máis información sobre a proba deportiva na seguinte noticia: ArousaMan: travesía a nado solidaria con Sarela.
 
pdf
  • Díptico ArousaMan (exterior)
  • Díptico que recolle toda a información sobre a travesía ArousaMan. Parte exterior.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Díptico ArousaMan (interior)
  • Díptico que recolle toda a información sobre a travesía ArousaMan. Parte interior. Inclúe o formulario de solicitude do material á venda de ArousaMan. Despois de cubrilo habería que envialo a arousaman.manolo.nacho@gmail.com. Tamén se pode cubrir o seguinte formulario online.

  • Baixar ficheiro
    Camiseta ArousaMan (dianteira) Camiseta ArousaMan (traseira) Gorro ArousaMan
Categorías: Sarela
Tags: ArousaMan
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información