ArousaMan: travesía a nado solidaria con Sarela

14/07/2015

12.000 brazadas solidarias do Grove a Ribeira para recadar fondos para a asociación.

Un grupo de persoas, amigas e afeccionadas á natación en augas abertas, organiza o vindeiro 25 de xullo a travesía ArousaMan 'Manolo O Nacho'. Este encontro deportivo vai unir a nado O Grove con Ribeira e terá un carácter solidario coas persoas con dano cerebral, especialmente con aquelas que o teñen a causa dun neurinoma.
 
O neurinoma do acústico -ou schwannoma- é un tumor cerebral benigno que afecta a 1 de cada 100.000 persoas ao ano. Desenvólvese no nervio auditivo e provoca diferentes danos neurolóxicos. As persoas que teñen este tumor atópanse, ao saír do hospital, coa mesma dúbida que as demais persoas con dano cerebral adquirido: e agora que?
 
As asociacións como Sarela existen para dar resposta a esa pregunta. O colectivo organizador de ArousaMan quere recoñecer o traballo da Asociación de Dano Cerebral de Compostela, visibilizar a causa das persoas con DCA e recadar fondos que contribúan ao financiamento da entidade.
 

Dez participantes farán 13.000 metros a nado

 
A iniciativa solidaria consiste na realización dunha travesía a nado de 13.000 metros entre O Grove e Ribeira que leva como título ArousaMan 'Manolo O Nacho'. Será o 25 de xullo pola mañá; a saída está marcada para as 08:30 no peirao do Grove. Está previsto que as persoas participantes vaian chegando entre as 13:00 e as 14:30 a Ribeira -o punto de encontro é a praia de Coroso-.
 
Só se pode participar previa inscrición, e o número de persoas nadadoras está restrinxido a dez por motivos de seguridade. A intención da organización é poder aumentar a cantidade de participantes en vindeiras edicións de ArousaMan.
 

Como se pode colaborar?

 
A organización de ArousaMan chama a quen queira colaborar a presenciar a chegada dos nadadores e nadadoras. 
 
Tamén editaron camisetas e gorros de ArousaMan que xa están á venda. Poden encargarse cubrindo o folleto que aparece ao final e enviándoo a arousaman.manolo.nacho@gmail.com ou remitindo este formulario online.
 
Tanto a camiseta como o gorro poderán recollerse o propio 25 de xullo na praia de Coroso entre as 12:00 e as 14:00. O pagamento realizarase no momento.
 
A organización tamén chama a realizar doazóns directamente no número de conta de Sarela (ES80-2080-5355-60-3040034346) ou a asociarse a través da páxina web.
 
pdf
  • Díptico ArousaMan (interior)
  • Díptico que recolle toda a información sobre a travesía ArousaMan. Parte interior. Inclúe o formulario de solicitude do material á venda de ArousaMan. Despois de cubrilo habería que envialo a arousaman.manolo.nacho@gmail.com. Tamén se pode cubrir o seguinte formulario online.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Díptico ArousaMan (exterior)
  • Díptico que recolle toda a información sobre a travesía ArousaMan. Parte exterior.

  • Baixar ficheiro
    Gorro ArousaMan Mapa ArousaMan
Categorías: Sarela
Tags: ArousaMan
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información