As persoas usuarias de Sarela aprenden esgrima paralímpica

08/10/2014

Nunha xornada organizada pola Asociación Achega.

Sarela está a ensaiar novas actividades lúdicas e deportivas; por iso os seus usuarios e usuarias participaron o venres nunha xornada de esgrima paralímpica na que se iniciaron nesta disciplina. A actividade, que se celebrou no centro comercial Área Central, estivo organizada pola Asociación Achega e contou coa colaboración da Asociación Compostela Esgrima.
 
A xornada de esgrima paralímpica formou parte do programa ‘Deporte e Mente sen Barreiras 2014’, que organiza Achega. Asistiron 14 persoas usuarias de Sarela, que estiveron acompañadas por familiares e profesionais. 
 
A actividade comezou ás cinco da tarde coa proxección dun vídeo sobre a esgrima paralímpica e unha explicación dos materiais e as normas do xogo. A continuación, os usuarios e usuarias de Sarela foron facendo prácticas por parellas, e ao rematar fixeron unha competición contra un dos membros da Asociación Compostela Esgrima, que exerceron de monitores.
 
    Xornada de Esgrima Paralímpica Xornada de Esgrima Paralímpica Xornada de Esgrima Paralímpica Xornada de Esgrima Paralímpica Xornada de Esgrima Paralímpica Xornada de Esgrima Paralímpica Xornada de Esgrima Paralímpica Xornada de Esgrima Paralímpica
Categorías: Sarela
Tags: deporte

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información