As tazas solidarias xa están en Sarela

28/08/2014

As persoas que teñan encargos poden recollelos na asociación.

As tazas solidarias con Sarela que editou o Biduído S.R. xa están na asociación. O club de fútbol leva todo o ano a desenvolver diferentes actividades solidarias co obxetivo de recadar fondos para Sarela.

A taza solidaria anunciouse na primavera e realizouse unha campaña de solicitudes antes da súa fabricación. Durante as vacacións de verán realizouse o pedido, que chega agora a Sarela para ser distribuído. As persoas que encargaran unha taza solidaria poden poñerse en contacto coa asociación para recollela.

Cada taza custa 7 euros. Son de cor branca e levan unha ilustración en verde co lema do movemento asociativo do dano cerebral ("unha vida salvada merece ser vivida") e o logo de Sarela.

O Biduído S.R. editou, ademais da taza, unha camiseta, e organizou un partido solidario no que contou coa participación da S.D. Compostela. En breve anunciarase o reparto das camisetas, elaboradas tamén segundo pedido.

 

    Taza solidaria Taza solidaria
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información