• banner web aniversario2

Noticias

AVISO EN RELACIÓN Á APERTURA DO CENTRO DE DÍA

AVISO EN RELACIÓN Á APERTURA DO CENTRO DE DÍA

A Xunta de Galicia aprobou onte as medidas específicas a aplicar no centros de atención diúrna no actual contexto de pandemia. Este novo protocolo establece as restricións en función do que denominan nivel de risco de aparición e control dun gromo nunha zona concreta. Este mediodía Sarela soubo que Santiago está cualificado como risco alto   e estase a traballar nese escenario.

 

Temos que lembrar que o noso centro de día pechou o pasado 3 de setembro, só dous días despois de retomar a actividade, como consecuencia da evolución da pandemia no concello de Santiago. Coas novas medidas aprobadas onte o que se procura é que estes recursos, esenciais para moitas persoas, non teñan que pechar inmediatamente ante incrementos de contaxio.

 

Sarela prevé que o seu servizo de atención diúrna terapéutica estea funcionando con normalidade martes ou mércores da semana vindeira unha vez se comunique a nova situación a todas as familias e se active o imprescindible servizo de transporte. A principal novidade recollida no novo protocolo é que se debe evitar a asistencia a estes servizos das persoas maiores de 65 anos.

 

 

A Xunta de Galicia sinala que o factor da idade é determinante no impacto que ten a infección ocasionada polo virus SARS-CoV-2 nas persoas. Por este motivo, cómpre intensificar as medidas para protexer ás persoas de maior idade. Nese sentido, cando se limite a asistencia de persoas maiores pola súa idade aos centros, tentarase a súa atencion mediante terapias individuais en domicilio ou con medios telemáticos.

 

A Xunta de Galicia tamén establece que en todo momento deberán aplicarse as medidas de vixilancia, prevención e control recollidas no Plan de reactivación no ámbito sociosanitario e que xa se viñan aplicando en Sarela. Insiste en pór especial atención á ventilación de espazos e en que todo o persoal e persoas usuarias realicen avaliación e rexistro diario de síntomas compatíbeis con infección por Covid-19.

 

Promoverase o establecemento de grupos de convivencia estables de 10 persoas usuarias   co persoal asignado para este grupo mantendo a maior homoxeneidade posible nas   diferentes actividades

 

Con aquelas persoas nas que non é posible a utilización de máscara, evitarase ao máximo a    realización de    actividades grupais limitando as actividades ao grupo de convivencia estable.

 

Ademais, non se celebrarán actos colectivos no propio centro con persoas externas, suspenderanse as visitas de persoas externas como familiares, amigos, programas   escolares, visitas comerciais etc., que non sexan imprescindibles, o voluntariado e alumnado en practicas cumprirán as mesmas medidas de vixilancia, prevención e control que para o persoal do centro e revisaranse os accesos de provedores externos evitando o contacto coas persoas usuarias do centro.

 

Estas medidas poderán ser modificadas pola autoridade sanitaria competente en función da  situación epidemiolóxica da zona.

 

Multimedia

  • Xunta de Galicia: medidas específicas a adoptar nos centros de atención diúrna

  • Resolución do 17 de setembro de 2020, conxunta da Consellería de Sanidade e da Consellería de Política Social, pola que se aproban as medidas específicas que deberán adoptarse nos centros residenciais sociosanitarios en relación co réxime de visitas, saídas e outros aspectos organizativos, e as medidas específicas para os centros de atención diurna, no contexto da situación epidemiolóxica relacionada coa infección ocasionada polo virus SARS-COV-2 (COVID-19).

  •  
  • Descargar Orixinal

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.