• servizos sarela 795x180

Noticias

Baixo o mesmo paraugas: acto simultáneo en Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo

Baixo o mesmo paraugas: acto simultáneo en Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo

O luns 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e para conmemoralo Sarela súmese á na acción de cooperación asociativa Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade. Ese día ás 12:00 estaremos xunto outras asociacións da cidade na Praza do Obradoiro para reivindicar que as persoas con discapacidade sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito.

 

Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade naceu en 2016 na cidade da Coruña e este é o primeiro ano que se celebrará en Compostela para reivindicar que as persoas con discapacidade sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito. Na nosa cidade esta primeira edición está impulsada por Aspamite, AspanaesDown CompostelaFegadace eSarela.

 

O acto é simultáneo en Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo e consiste nunha concentración na que se dá lectura a un manifesto reivindicativo dos dereitos das persoas con discapacidade e no que as persoas que representan ás diferentes organizacións len frases ou lemas mediante os cales mostran as súas peticións, desexos, sentimentos… dando voz así aos verdadeiros protagonistas dese día.

 

Os asistentes portan paraugas de cores co obxectivo de dar unha maior visibilidade ao colectivo e a súa diversidade. Con estos paraugas, a iniciativa pretende representar unha sociedade plural e diversa, que acolle a todos por igual, sen diferenzas.

 

Categorías: Sarela
Tags: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.