• servizos sarela 795x180

Noticias

Bandexas solidarias na Tenda de Sarela

Bandexas solidarias na Tenda de Sarela

As persoas usuarias de Sarela amplían a oferta de produtos cunha serie de bandexas de cristal decorado. Estas bandexas súmanse ao catálogo da Tenda online da asociación.

 

Hai catro tamaños e formas diferentes, entre os 12 e os 24,5 cm (pequena, mediana, grande e súper grande), e rectangulares ou cadradas. Están feitas de cristal e decoradas con papeis de diferentes cores que deixan na bandexa un efecto de cromado.

 

As bandexas son elaboradas nos obradoiros de manualidades nos que as persoas usuarias de Sarela traballan o coiro, elaboran broches, decoran bandexas, e outras actividades que lles axudan a desenvolver as súas capacidades e habilidades manuais.

 

Categorías: Sarela , Tenda

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.