Blogsarela.blogspot.com, a bitácora das persoas usuarias dos servizos da entidade

18/01/2023

“Presentámonos. Somos un grupo de persoas con Dano Cerebral Adquirido usuarias dos servizos de Sarela e estamos a compartir con vós moitos temas interesantes. Queremos que desfrutedes, vos emocionedes, alegredes e incluso vos enfadedes lendo as nosas entradas. O que non queremos e que quededes indiferentes”. Así se expresan os/as administradores/as do blog de Sarela e que son persoas usuarias dos servizos da entidade.

“Para nós, entender a diversidade é fundamental para poder enriquecerte cos temas que imos tratar, que son variados segundo os intereses e gustos de cada un de nós. A través das entradas neste blog ides ir coñecendo a cada unha das persoas que formamos parte deste proxecto, xa que en cada unha das nosas verbas deixaremos anaquiños da nosa forma de ser, do noso corazón. Oxalá co tempo cheguemos a ser unha comunidade que interactúe e creza coas opinións e críticas construtivas de todas as persoas, e que nos acompañedes dende o outro lado da pantalla”.

O traballo no blog (https://blogsarela.blogspot.com) comezou hai meses dentro do Servizo de Mapis pero é neste momento cando se decidiron a facelo público á vez que se abre á participación de persoas usuarias de todos os servizos da entidade. Blogsarela articúlase en torno a catro seccións: A vida con DCA, Construíndo unha sociedade mellor, Coñecendo o noso entorno e Deixando pegada na que se exporán experiencias persoais, reivindicacións ou actividades de Sarela, entre outros temas.

Subscríbete para recibir as novas publicacións
Quen desexe subscribirse ao blog só ten que introducir o seu enderezo de correo electrónico no apartado que para tal efecto hai no menú lateral da versión de escritorio ou no despregable superior na versión para teléfonos móbiles ou tabletas.

 

Categorías: Sarela
Tags: actividades, blog

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información