• banner web aniversario2

Noticias

13 de xullo: data límite para solicitar o Bono Coidado Extraordinario á Dependencia

13 de xullo: data límite para solicitar o Bono Coidado Extraordinario á Dependencia

Motivado polo peche dos centros de atención diúrna día como consecuencia da crise da COVID-19, a Xunta de Galicia creou o Bono Coidado Extraordinario á Dependencia que é unha liña de axudas económicas á que se poden acoller as familias de persoas usuarias deste servizo.

 

A. Modalidade de contratación dun servizo de axuda no fogar, de gastos derivados da contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras, e de compensación pola diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada. A axuda terá un importe máximo de 500 €/mes.

 

Importante: no caso de ter contrato do coidador/a de antes do 16 de marzo de 2020 (data de efectos destas axudas) so se poderá solicitar a axuda se houbese unha ampliación de contrato  a partires do 16 de marzo.

 

B. Modalidade de contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva. A axuda terá un importe máximo de 100 €/mes. A entidade prestadora destes servizos deberá estar no RUEPSS.

 

Importante: a cantidade da axuda irá en función do gasto realizado, segundo información facilitada desde a Xunta de Galicia. Así pois, se por exemplo, contratásemos un servizo de axuda no fogar por empresa privada e o gasto supera os 500€ /mes, teremos dereito como máximo a 500€ de axuda. Se fose inferior a esta cifra, a cantidade axustarase ao que paguemos polo servizo contratado.

 

Prazo: até 13 de xullo 2020.

 

Documentación a presentar xunto coa solicitude en calquera rexistro ( Xunta, Concello...). En función do caso que sexa será documentación distinta:

 

  1. Copia do contrato de prestación de servizos ou pacto de asistencia asinado coa entidade titular do centro de día
  2. De ser o caso, contrato asinado coa entidade prestadora do SAF.
  3. De ser o caso, contrato ou ampliación do contrato da persoa coidadora.
  4. De ser o caso, documento da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (IDC, facilitado pola empresa) no cal se acredite a situación de redución de xornada ou excedencia durante o período polo cal se solicita a axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social (Muface, Isfas, Mugeju etc.), certificación en que se acredite a referida situación en papel oficial do organismo que emite o certificado debidamente selado e coa identificación da persoa responsable que certifica.
  5. De ser o caso, xustificante da contratación dos servizos de estimulación física e/ou cognitiva. No caso de non terse realizado aínda a contratación, esta documentación deberá de achegarse no prazo de 10 días dende a notificación da resolución.

 

Neste enlace podes acceder á orde pola que se publican as axudas e á solicitude para a mesma.

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS900B&ano=2020&numpub=1&lang=es

 

 

Categorías: Familias

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.