Sarela saúda o 2023 cun calendario que reivindica o dereito das persoas con DCA a realizar os seus obxectivos vitais

10/01/2023

Cada ano Sarela edita un calendario que cambia o seu enfoque pero sempre trata un aspecto do Dano Cerebral ou da propia entidade. En 2023 o calendario xiran en torno a 12 montaxes fotográficas que simbolizan as afeccións, gostos, desexos, inquedanzas etc das persoas que as protagonizan.

O Dano Cerebral sempre supón un cambio na vida das persoas que o sofren e que depende moito do tipo e intensidade desas secuelas. A rehabilitación especializada, as intervencións para mellorar a súa autonomía persoal e participación social e laboral, e o traballo coas familias enfócanse a que esas persoas retomen a súa vida anterior á lesión.

Acadar ese propósito implica un enorme esforzo e capacidade de superación das persoas con DCA para subir cada un dos chanzos desa recuperación. Como lle sucede a calquera persoa os obxectivos e proxectos vitais cumpriranse, ou non, dependendo de moitas circunstancias pero o importante é ter a ilusión e as gañas de perseguir eses retos.

Ándrés, Enrique, José Ramón, Antonio, Ana, Santiago, Anxo, Iosivoni, Albina, Enrique, Marta, Juan, Montse, Fina, Marisa, Ricardo, Alejandro, Carlos, Lucy, Harry, Xosé Luís, Justo, Piedad, Domingo, Mariam, Alberto e Susana son persoas usuarias dos servizos de Sarela e os/as protagonistas dos doce montaxes do calendario  partindo de afeccións comúns ou individuais, profesións, inquedanzas etc.

 

Categorías: Sarela
Tags: calendario
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información