• banner web aniversario2

Noticias

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2020

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2020

O   Diario Oficial de Galicia   (DOG)  publica hoxe a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos en Galicia. Deste xeito, o prazo de solicitude abrirá mañá martes e terá unha duración de sete días hábiles. Ofértanse 132 prazas específicas para persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos

 

Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

 

Ofértanse 132 prazas no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo (A Coruña), na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Nigrán (Pontevedra) e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense).

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.