Celebrada a Asemblea Xeral de Sarela

28/03/2014

No novo centro que a asociación constrúe no Paxonal

Sarela celebrou o pasado venres a súa Asemblea Xeral ordinaria. Unhas sesenta persoas socias asistían na tarde do venres, 21 de marzo, ao encontro anual de valoración do estado da asociación.

 

A asemblea celebrouse no centro que Sarela constrúe no Paxonal. As persoas socias tiveron a oportunidade de apreciar o avanzado estado da obra. Está previsto que Sarela se traslade durante este ano ás novas instalacións.

 

A Xunta Directiva presentou as contas anuais, a memoria de actividades e o orzamento de 2014. Todos estes documentos foron aprobados pola asemblea, na que o conxunto de persoas asociaciadas valoraron moi positivamente a marcha das obras e o resultado do novo centro.

 

    Socios e socias na Asemblea Xeral de 2014 Socios e socias na Asemblea Xeral de 2014
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información