Aviso a familias | O centro de día abrirá o 1 de setembro tras estudar as necesidades das familias e os condicionantes existentes

16/07/2020

A Xunta directiva de Sarela acordou en reunión do luns 13 de xullo, xunto coa Dirección e o Equipo técnico, a reapertura do centro de día (Servizo de atención diúrna terapéutica) para o 1 de setembro, coincidindo co reinicio tamén do servizo de transporte coa mesma empresa que o viña prestando.

A Xunta directiva de Sarela acordou en reunión do luns 13 de xullo, xunto coa Dirección e o Equipo técnico, a reapertura do centro de día (Servizo de atención diúrna terapéutica) para o 1 de setembro, coincidindo co reinicio tamén do servizo de transporte coa mesma empresa que o viña prestando.

 

O principal motivo desta decisión é a resposta recibida da maioría das familias que, dado a anuncio inicial de non autorizar a súa apertura até setembro, xa viron cubertas as súas necesidades máis básicas coa atención individual que se lles está a prestar e xa fixeron plans e organización de coidados para o mes de agosto.

 

Ademais destes condicionantes, debateuse e veuse a necesidade de ter en conta as seguintes circunstancias:

 

  • O uso de máscara será de case 10 horas diarias polo que a incorporación das persoas usuarias ao servizo deberá facerse pouco a pouco para ver as dificultades que nelas poidan aparecer e tomar as mellores decisións.
  • O stock de material de protección debe estar sempre asegurado e polo momento está a haber atrasos que esperamos se solucionen durante o mes de agosto.
  • Os espazos de comedor, aseos e descansos dispoñibles limitan moito o aforo. No momento de uso do comedor estarase sen máscara polo que a distancia de seguridade debe estar garantida.
  • Hai 4 persoas usuarias con moita vulnerabilidade neste momento. Se o seu médico de atención primaria e/ou especializada autorizase a súa incorporación ao centro de día deberiamos aumentar ao máximo posible o seu distanciamento físico. Isto implica que debemos reducir aínda máis o aforo.

 

A Xunta directiva, Dirección e Equipo técnico de Sarela avaliou estes e outros condicionantes para a toma desta decisión pero tendo sempre como prioridade e obxectivo a seguridade das persoas usuarias, traballadoras/es e as familias de ambos. Unha vez máis, precisamos da comprensión e empatía de todas as persoas que formamos Sarela coa actual situación e coas decisións tomadas e que se teñan que tomar nun futuro, sobre todo no primeiro mes unha vez se retome a actividade.

 

Durante o mes de agosto o persoal de Sarela tomará os días de vacacións aos que ten dereito. Na segunda quincena de agosto, tal como fixemos até hoxe, manteremos un contacto directo con todas as familias para trasladar as novidades e concretar o regreso á actividade do centro de día.

 

Moitas grazas polo comprensión e apoio recibido e desfrutade deste sol ben recibido.

 

A Xunta directiva de Sarela

 

Tags: COVID-19
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información