Charlas sobre Dano Cerebral Adquirido en Porto do Son, a Pobra do Caramiñal e Ordes

19/01/2022

Sarela regresa aos concellos da Área sanitaria de Compostela e Barbanza coas charlas dirixidas á poboación xeral e nas que se tratan temas como as causas do DCA como o ICTUS, pautas de prevención, recomendacións de coidados, explicación dos servizos de Sarela, dereitos etc. Son impartidas por profesionais dos servizos especializados de Sarela.

Hoxe, o DCA é a primeira causa de discapacidade e dependencia en España. A pesares diso, a maior parte da poboación non identifica correctamente o “dano cerebral adquirido”, realidade que cambia cando falamos das causas que o provocan (ICTUS, traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais etc) xa que a maior parte da poboación ten ou coñece un caso directo no seu entorno familiar e social.

 

Inverter esa situación de cara a que as persoas e familias teñan unha mellor atención e saiban como actuar en cada momento, é un dos obxectivos das charlas orientadas á poboación xeral e nas que se incidirá na prevención en función das causas; daranse pautas de coidados e recomendacións sobre trámites en caso de que nalgún momento teñamos que enfrontarnos a esa situación; explicarase a importancia da atención especializada e dos recursos existentes; explicaranse as secuelas tan diversas que se poden derivar dun DCA e presentarse o programa de voluntariado da entidade.

 

A primeira charla de 2022 organizada desde o Servizo de Información, Orientación e Apoio a Familias celebrarase en Porto do Son o xoves 20 de xaneiro ás 17:30 horas na Casa da Cultura . No mes de febreiro están confirmadas as charlas na Pobra do Caramiñal o xoves 10 ás 19:00 no Auditorio do Museo Valle Inclán e en Ordes o martes 22 ás 17:30 no Museo do Traxe Juan José Linares.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información