Charlas en centros e locais socioculturais de Santiago para concienciar da dimensión social do Dano Cerebral

14/10/2021

Están dirixidas á poboación xeral e nelas falarase de causas como o ICTUS, da prevención, pautas de coidados, atención especializada, dereitos etc. Están xa programadas nos centros socioculturais da Rocha (19 de outubro), a Pontepedriña (8 de novembro) e Cardenal Quiroga (9 de novembro).

Chamar a atención da dimensión social do Dano Cerebral Adquirido (DCA), incidir na importancia da prevención, explicar a importancia da atención especializada ou falar dos dereitos das persoas e familias situación nesta, son algúns dos obxectivos das charlas que comezará a desenvolver Sarela en diferentes. . centros socioculturais do municipio.

 

A primeira charla celebrarase na Rocha o martes 19 de outubro ás 18:30 h. coa logopeda de Sarela Ruth González. No mes de novembro celebraranse o luns 8 no centro sociocultural da Pontepedriña ás 16:00 coa participación de Eugenia Veloso, traballadora social de Sarela, o martes 8 no local social do grupo Cardenal Quiroga ás 18:00 h. coa participación da psicóloga-neuropsicóloga de Sarela Noelia Ouro.

 

Hoxe, o DCA é a primeira causa de discapacidade e dependencia en España. A pesares diso, a maior parte da poboación non identifica correctamente o “dano cerebral adquirido”, realidade que cambia cando falamos das causas que o provocan (ICTUS, traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais etc) xa que a maior parte da poboación ten ou coñece un caso directo no seu entorno familiar e social.

 

Inverter esa situación de cara a que as persoas e familias teñan unha mellor atención e saiban como actuar en cada momento, é un dos obxectivos das charlas orientadas á poboación xeral e nas que se incidirá na prevención en función das causas; daranse pautas de coidados e recomendacións sobre trámites en caso de que nalgún momento teñamos que enfrontarnos a esa situación; explicarase a importancia da atención especializada e dos recursos existentes; explicaranse as secuelas tan diversas que se poden derivar dun DCA e presentarse o programa de voluntariado da entidade.

 

Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información