Cinco novos títulos sobre discapacidade neste Día do Libro

21/04/2014

O CERMI edita teatro, ensaio e manuais.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) celebra o Día do Libro e a lectura, que se conmemora o próximo 23 de abril, coa edición de catro novos títulos sobre distintos aspectos da realidade da discapacidade, que aportan elementos enriquecedores e valiosos para entender, interpretar e recrear este fenómeno desde enfoques diversos, tanto políticos ou técnicos como literarios.

O primeiro destes libros é "Protección social: Seguridade Social e Discapacidade", unha obra colectiva que reúne máis de vinte estudos doutros tantos especialistas sobre os aspectos de maior actualidade do sistema español de Seguridade Social, con especial atención á cobertura social das situacións de discapacidade.

O segundo dos títulos editados polo CERMI é a obra dramática "O rei divírtese", do escritor e poeta francés Victor Hugo, na versión clásica española de Ventura de la Vega, unha das traxedias máis logradas do teatro romántico, cuxo protagonista é o bufón Triboulet, cuxo corpo e vida fóra de norma desatan a hostilidade da normalidade canónica que acepta as diferenzas humanas.

A estas publicacións engádese o libro de carácter técnico "As persoas con discapacidade no Eurobarómetro", un estudo sobre os rexistros da variable de discapacidade nas fontes estatísticas da Unión Europea.

O cuarto título aparecido con motivo do Día do Libro é "A transversalidade de xénero nas políticas públicas de discapacidade. Manual (volume II)", segunda entrega do primeiro manual en lingua española concibido para deseñar políticas públicas de discapacidade inclusivas co xénero.

Finalmente, a quinta novidade editorial é "Educación e esperanza nas fronteiras da discapacidade", do profesor malagueño Ignacio Calderón, investigación pedagóxica sobre a elaboración creativa da identidade.

Con estas cinco novas publicacións, o CERMI incrementa un catálogo que supera xa os 110 títulos e que converteu a esta plataforma representativa no primeiro centro editor sobre temas de discapacidade en lingua española.

 

*Información extraída da páxina web do CERMI e fotografía tomada de Wikimedia Commons con licenza CC BY-SA 3.0.

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información