• banner web aniversario2

Noticias

Comezamos coa atención a familias nos puntos informativos

Comezamos coa atención a familias nos puntos informativos

Seguindo co proceso de posta en funcionamento dos servizos de Sarela pechados pola crise da COVID-19, esta semana comezamos coa atención presencial nos puntos informativos para familias. A apertura vai ser gradual en función do propio funcionamento das instalacións públicas nas que veñen funcionando. Así, os primeiros en abrir serán os do Hospital Clínico de Santiago (no espazo asociativo do paciente todos os luns de 15:30 a 17:30) e do Centro de Saúde de A Estrada (os venres de 10:00 a 13:00). Nas vindeiras semanas abrirán os do Hospital da Barbanza (martes de 10:00 a 13:00) e do Concello de Arzúa (mércores de 10:00 a 13:00).

 

Medidas de seguridade.

Como en calquera outro servizo de Sarela, para acudir aos puntos de información é obrigatorio seguir as indicacións de seguridade sanitaria. Así, en todos os casos é imprescindible pedir cita previa. Nos puntos de información de Arzúa e A Estrada será dada polas traballadoras sociais e para ter cita en Sarela ou nos hospitais de Santiago e Ribeira hai que chamar ao noso teléfono 981 577 037.

 

É importante ser puntual para non coincidir con máis persoas e poder garantir os horarios de atención. En cada punto de información haberá unhas normas de hixiene e seguridade que son de obrigado cumprimento e dos que as persoas serán informadas antes de asistir á cita.

 

Categorías: Familias

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.