Un momento dunha sesión

En marcha as clases online de ioga

24/05/2021

Quen o desexe pode inscribirse na actividade pois non existe límite de prazas. Son todos os martes ás 10:00 horas e teñen unha duración de 45 minutos aproximadamente. O monitor é o voluntario Jorge Ferro, que xa dirixía a actividade cando se facía de forma presencial.

Ioga era unha das actividades que mellor acollida tiña entre as familias antes de ter que suspenderse debido á pandemia e as posteriores normas de protección e protocolos adaptados por Sarela. Esta semana volveu pero de forma online a través da plataforma Zoom e, como anteriormente, calquera familiar que o desexe pode participar e non é preciso ter coñecementos previos.

O monitor Jorge Ferro desenvolve as sesións desde o centro de Sarela, co apoio técnico de profesionais do equipo, e adaptou as sesións á nova modalidade. En caso de dúbida, as persoas interesadas poden realizar unha sesión de proba e decidir posteriormente se continuar e tamén se lles guiará en caso de dúbidas no momento de conectarse.

 

Inscrición

As persoas que desexen inscribirse na mesma deberán facelo no enlace que se lles facilitou por correo electrónico e a data límite de inscrición para a primeira sesión é o 19 de maio. En caso de dúbidas pódese contactar coas profesionais do servizo no 981577037 ou no correo electrónico sarela@sarela.org.


Información sobre a actividade:

  • Horario: todos martes ás 10h.
  • Duración: 45 minutos.
  • Modalidade: online a través da plataforma Zoom.
  • Non hai límite de prazas.
  • Material: Para as sesións é conveniente ter esterillas e mantas. Se non dispoñedes deste material, hai en material en Sarela do que podedes facer uso. Só tedes que avisarnos para vir a recollelo.
  • Esta actividade é aberta polo que se poderá ir incorporando xente ó longo do ano.

 

 

Tags: familias

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información