O Servizo de Mapis creará un horto urbano

12/11/2021

Hoxe botou a andar o novo proxecto de Mapis que consiste en crear un horto urbano na terraza do noso centro. Para ilo contamos cunha axuda de 2.500 euros da oficina de La Caixa na rúa Rosalía de Castro de Santiago e coa colaboración de Vicente Maneiro, un socio con dano cerebral e experto en agricultura ecolóxica, que a través do servizo de voluntariado orientará ás persoas usuarias na súa creación. Hoxe tiveron a primeira sesión de explicación e planificación do proxecto.

Este proxecto ten como obxectivo fomentar a ocupación e autonomía das persoas con DCA a través dos beneficios os traballos para poñer en marcha e manter o horto. Ten proveitos como:

  • Manter as capacidades cognitivas que implica a realización da actividade como a planificación, atención etc.
  • Adquirir coñecementos relacionados coa horticultura.
  • Favorecer as relacións sociais.
  • Fomentar o traballo en equipo.

 

 

Categorías: Servizo MAPIS

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información