Como exercitar o cerebro

06/02/2014

Actividades para mellorar a memoria, a atención e outras habilidades.

O noso cerebro e o seu funcionamento, cos seus 100 mil millóns de neuronas conectadas, é o resultado de 600 millóns de anos de evolución do sistema nervioso e é a fonte dos nosos pensamentos e sentimentos, así como das nosas esperanzas, soños, penas e alegrías.

 

O cerebro humano é un dos obxectos de estudo máis complexos para a ciencia. Ninguén podería nunca aprender as instrucións para construír un cerebro do modo que o fai a natureza ao momento da concepción.

 

Pero o cerebro, do mesmo xeito que o corpo, tamén necesita ser exercitado, de modo que as millóns de neuronas e de conexións presentes nel teñan un funcionamento máis óptimo. Agora imos ver como é posible tamén exercitar o cerebro traballando sobre as principais funcións cognitivas.

 

A memoria

 

Esta función cognitiva do cerebro humano xoga un papel crucial en moitas das actividades diarias, tales como a lectura, o razonamento e os cálculos mentais. Para manter unha boa memoria esta debe ser adestrada, algo que é máis fácil do que parece.

 

Por exemplo, escoitar música é unha actividade non só disfrutable senón que tamén pode servir como exercicio, ao tratar de memorizar a letra dalgunha canción. Outro exercicio pode ser cepillar os dentes coa man que non utilizas habitualmente, o que axuda a construír unha nova asociación no cerebro, é dicir, unha distinta conexión neuronal. Poden ler máis consellos neste artigo: como mellorar a memoria.

 

A atención

 

A atención é fundamental tamén en practicamente todas as actividades e tarefas diarias. A boa atención permite ademais manter a concentración en algo malia posibles distraccións ou centrarse en máis dunha tarefa á vez.

 

Unha forma moi efectiva de exercitar a atención é cambiando as rutinas habituais, xa sexa cambiando o camiño en que te dirixes ao traballo ou o colexio diariamente, ou modificar a ubicación das cousas na túa contorna diaria. Isto fará que o cerebro deba poñerse en funcionamento novamente e prestar atención ao que antes era mecánico e espontáneo.

 

A linguaxe

 

A importancia da linguaxe é primordial, como é sabido, e é esta a que marca a nosa habilidade para recoñecer, recordar e entender as palabras e a comunicación en xeral. Cunha práctica habitual en torno á linguaxe pódese mellorar o vocabulario, as habilidades gramaticais e expandir o coñecemento.

 

Isto pódese exercitar lendo cousas diariamente pero, en lugar de artigos habituais -a sección de deportes do xornal, por exemplo-, intentar con cousas das que non temos tanto coñecemento ou non resulten de todo fáciles de entender -poñamos por caso, un artigo sobre economía no mesmo periódico-.

 

Habilidades visuais e espaciais

 

Vivimos nun mundo colorido e en tres dimensións. Analizar información visual e espacial é esencial para desenvolvernos no medio da nosa contorna. Para exercitar esta función cognitiva, podes entrar nunha habitación e memorizar cinco obxectos alí presentes.

 

Ao saír da habitación intenta recordar cales eran os obxectos e onde estaban situados. Se resulta demasiado fácil, volve intentalo dúas horas despois.

 

Función executiva

 

Sen sequera notalo a maioría das veces, adoitamos utilizar os nosos coñecementos lóxicos e habilidades de razonamento diariamente para tomar decisións, elaborar determinadas hipóteses ou considerar certas consecuencias ante unha acción específica.

 

Actividades nas que se debe definir unha estratexia ou calcular os posibles movementos danse todos os días; pode ser na visita a un amigo, na que se deba razoar que responder ou planear cousas para facer, ou pode ser mesmo mentres se goza dun videoxogo, que obriga á solución de problemas.

 

Xa poden ir implementando estes exercicios diarios que, aínda que é pouco probable que lles permitan ter un cerebro único como o de Einstein, seguramente melloren o desenvolvemento en moitas das actividades cotiás.

 

*Información extraída do blog Envellecer con DCA.

*Fotografía de _DJ_ con licenza (CC BY-SA 2.0).

 

Categorías: Prevención
Tags: cerebro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información