Concedida subvención da Consellería de Sanidade para o programa “Fisioterapia: atención sociosanitaria en persoas con DCA”

13/06/2022

O importe da axuda é de 16.000 euros e concedeuse ao abeiro da Orde de 29 de decembro de 2021 pola que se convocaban, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións para entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario en 2022.

O obxectivo deste programa é mellorar a calidade de vida destas persoas a través da intervención das súas capacidades físicas e del beneficiaranse directamente unhas 80 persoas. As persoas beneficiarias son persoas con Dano Cerebral Adquirido que precisen mellorar e/ou manter a súa funcionalidade. Forman parte do programa persoas con DCA, con problemas de mobilidade, sobrepeso, apatía e falla de iniciativa, que deban ter intervención fisioterapéutica para manterse, seguir recuperando e/ou evitar un deterioro físico e na súa saúde xeral.

Este programa desenvólvese en Sarela desde o ano 2002 e está integrado nos Servizos de Atención Especializada (Rehabilitación) e Mantemento e Mellora da Autonomía Persoal e Inclusión Social. O seu grao de satisfacción é moi alto entre as persoas usuarias e, por exemplo, en 2021 o 95% das mesmas declararon estar satisfeitas ou moi satisfeitas co mesmo.

As actividades do programa realizaranse tanto nas instalación de Sarela (sala de fisioterapia, sala de realidade virtual, ximnasio e piscina accesible) como nos propios domicilios, o que facilita o achegamento da atención ás persoas que viven no rural e que por motivos de dispersión xeográfica, secuelas etc non poden acudir directamente.

Neste enlace podes acceder á Resolución publicada no DOG 111 de 10 de xuño de 2022.

 

Categorías: Sarela
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información