Conferencia sobre o deporte como medio integrador

13/10/2014

Organizada por Achega, celébrase mañá no Edificio Cersia.

A Asociación Achega organiza mañá, martes 14 de outubro, unha conferencia sobre 'O deporte como medio integrador: beneficios sociais e mentais'. Está programada dentro do proxecto Deporte e Mente sen Barreiras 2014, no abeiro do programa de Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

O obxectivo deste encontro é o de dar a coñecer o proxecto da Asociación Achega, poñer en valor os beneficios da actividade física e o deporte adaptado en persoas con discapacidade, e ofrecer múltiples ocasións de asociacionismo e sinerxias entre institucións e entidades sociais e deportivas.

É unha actividade dirixida a toda a poboación interesada: monitores/as e directores/as de ocio e lecer, voluntariado, asociacións, clubes deportivos, federacións, líderes xuvenís, entidades sociais e deportivas, educadores/as, psicólogos/as, pedagogos/as, e, como non, todas as persoas e colectivos de discapacidade.

Os poñentes convidados son:

 

  • José Francisco Ríos Millán, Xefe do Servizo de Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude.
  • María Acuña Rodríguez, da área de lecer de COGAMI.
  • Paulo Fontán, varias veces campión de España de Tiro Olímpico e Presidente da Asociación Amizade.
  • Álvaro Illobre, profesional de Tenis en cadeira de rodas, varias veces campión de España.
  • Rubén Domínguez, experto en psicoloxía e coaching deportivo e RRHH, entrenador profesional de baloncesto.


A conferencia comeza ás 17:00 no Edificio CERSIA (Rúa Alcalde Raimundo López Pol), en Santiago de Compostela.
 

Categorías: Discapacidade
Tags: deporte

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información