• servizos sarela 795x180

Noticias

Construíndo Futuro e xogando ao fútbol

Construíndo Futuro e xogando ao fútbol

Os mozos e mozas con dano cerebral adquirido que forman parte do proxecto Construíndo Futuro acaban de iniciar unha nova actividade deportiva. Desde este outono crearon un equipo de fútbol que adestra unha vez por semana e que mantén as súas filas abertas para quen queira incorporarse.

O equipo de Sarela xúntase no pavillón da Pontepedriña (Rúa Escultor Camilo Otero, s/n - Santiago) todos os mércores para adestrar de 19:00 a 20:00 horas.

As persoas que queiran participar nos adestramentos só teñen que poñerse en contacto con Sarela para facelo. Xogar ao fútbol pode ser unha boa maneira de facer voluntariado, aprender un deporte, levar adiante a rehabilitación do DCA, e tamén de manter uns hábitos de vida saudábeis.

 

Sarela tamén fixo público este anuncio a través da páxina web de Voluntariado Galego.

A través do deporte, Sarela fomenta as habilidades e a inclusión social das súas persoas usuarias máis novas. Construíndo Futuro é un proxecto de Sarela para a xente nova con dano cerebral adquirido.
 

Multimedia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.