Construíndo Futuro no Telexornal

17/03/2014

Os mozos e mozas de Sarela na TVG.

O proxecto de Sarela 'Construíndo Futuro', ideado para as persoas con dano cerebral adquirido máis novas da asociación, foi noticia onte no Telexornal da Televisión de Galicia.
 

O grupo de mozos e mozas con dano cerebral falou para a cámara das súas actividades no proxecto, especialmente das prácticas de vida independente que realizan no piso que Sarela xestiona no barrio das Fontiñas.
 

Construíndo Futuro pretende facilitar ás persoas máis novas a súa inclusión na sociedade unha vez superadas as etapas hospitalaria e rehabilitadora do DCA. Con este proxecto promóvese a preparación para a vida independente, a integración comunitaria e a inserción sociolaboral.
 

Os protagonistas deste programa falaron para as cámaras do Telexornal da TVG, que publicou onte este resumo da conversa:

 

                            

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información