Continúa a campaña solidaria do Biduído

16/06/2014

A través da venda dunha taza e dunha camiseta solidaria.

O club de fútbol Biduído S.R. está a conmemorar o seu 31 aniversario de maneira solidaria, recadando fondos para Sarela.

Ademais do partido solidario coa S.D. Compostela que celebrou hai pouco máis dunha semana, e doutras actividades que teñen previstas, o Biduído editou unha taza e unha camiseta solidarias que se poden encargar a través da tenda de Sarela.

Co lema do movemento asociativo do dano cerebral ("unha vida salvada merece ser vivida") e unha bonita ilustración, a camiseta pode encargarse en varias tallas e cores a un prezo de 7 euros.

A taza ten o mesmo prezo e idéntico motivo, estampado en verde sobre fondo branco.

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela agradece a iniciativa solidaria do club de fútbol e a implicación de todas as persoas que se están animando a colaborar.
 

    Camiseta solidaria Encarga a túa taza solidaria
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información