• banner web aniversario2

Noticias

Convenio de colaboración co Concello de Santiago para o financiamento do servizo de terapia acuática e física

Convenio de colaboración co Concello de Santiago para o financiamento do servizo de terapia acuática e física

Momento da sinatura do convenio. Asinaron Xosé Sánchez Bugallo, alcalde, (primeiro pola dereita) e José Balboa, presidente de Sarela, (de frente).

O presidente de Sarela, José Balboa, participou onte no acto de sinatura dos convenios que o Concello de Santiago mantén con distintas entidades sociais da cidade e no que estiveron presentes o alcalde Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Políticas Sociais Mila Castro.

 

Como nos últimos anos, o convenio asinado onte permitirá financiar o servizo de terapia acuática e física que é un complemento terapéutico e lúdico ao proceso de rehabilitación da persoa con dano cerebral adquirido con trastornos funcionais e sensitivo-motores. Levaranse a cabo actividades tanto individuais como grupais cunha duración de 45 minutos. A peridiocidade e horario das actividades establecerase con carácter trimestral segundo a organización da grella de actividades do Servizo de Atención Diurna Terapéutica (servizo onde se engloban as actividades deste proxecto), pero en calquera caso non será inferior a 3 días á semana.

 

 

Este convenio dá continuidade á colaboración estreita e continuada de Sarela co Concello de Santiago desde a súa fundación. Temos que lembrar que o actual centro de Sarela levántase nunha parcela municipal cedida a longo prazo á entidade.

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.