Costumes que prexudican ao cerebro

29/04/2014

Este órgano debe coidarse do mellor xeito para poder procesar ben os nosos movementos e pensamentos.

Grazas á cantidade de información e aos distintos avances no ámbito da neurociencia, as persoas son cada vez máis conscientes da importancia de ter un cerebro en forma. Así, o interese por coidar o cerebro vai crecendo día a día e preocupámonos por buscar algúns exercicios para axilizar e activar as capacidades cognitivas, pero poucas veces mencionamos que o noso cerebro tamén pode verse afectado por certos hábitos. 
 
Un cerebro saudable é fundamental para levar en xeral unha vida sa, con todo, con frecuencia póñense en práctica distintos hábitos que resultan prexudiciais, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). Pero cales son esas actividades cotiás que o danan? Aquí está unha lista de todo aquilo que se debe evitar para manter a nosa mente en bo estado, de acordo a un estudo realizado por neurocientíficos da Universidade Pompeu Fabra:
 
1. Non almorzar.
As persoas que non toman almorzo non posúen un nivel óptimo de azucre e proteínas. Estes nutrientes son necesarios, sobre todo nas primeiras horas do día, xa que evitan a dexeneración do cerebro. 
 
2. Reaccións violentas ou estrés prematuro.
Hai que tratar de evitar calquera reacción sorpresiva ou estrés, xa que causan o endurecemento das arterias do cerebro. Se estas e fortifican, a capacidade mental diminúe co tempo. 
 
3. Fumar.
O mal hábito de fumar diminúe a masa encefálica. Esta encárgase das funcións voluntarias. Doutra banda, os adictos ao tabaco son máis propensos a sufrir de Alzheimer. 
 
4. Consumo elevado de azucres.
O exceso de azucre interrompe a absorción de proteínas. Se o corpo non consome de xeito correcto diversos nutrientes, o desenvolvemento do cerebro vese interferido pola mala alimentación.
 
5. Exposición constante a ambientes contaminados.
O cerebro é o órgano que máis osíxeno consome. Se se está por moito tempo nalgún lugar contaminado, diminuirá o fornecemento de osíxeno ao cerebro. Como consecuencia habería unha deficiencia cerebral. 
 
6. Durmir pouco.
Durmir 8 horas diarias fai que o cerebro poida descansar. Se un dorme pouco, acelérase a morte das células cerebrais.
 
7. Cubrirse a cabeza mentres se dorme.
Cando un dorme coa cabeza cuberta, aumenta a concentración do dióxido de carbono (CO2) no cerebro. Isto ocasiona efectos moi daniños neste órgano. 
 
8. Forzar ao cerebro durante unha enfermidade.
Traballar ou estudar moito cando se está doente é moi daniño para o ser humano. Realizar frecuentemente este hábito provocará unha diminución na eficacia deste órgano a longo prazo. Recoméndase descansar cando un está mal de saúde.
 
9. Ser solitario.
A cortiza prefrontal é máis grande canto maior é o número de amigos cos que contamos, segundo un estudo británico.
 
10. Non comer as cantidades adecuadas.
Tras estar a dieta actívanse xenes ligados á lonxevidade e ao bo funcionamento do cerebro.
 
*Información e imaxe extraídas de Actualidad RT.
 
Categorías: Prevención
Tags: cerebro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información