Celebramos o Día do Dano Cerebral lendo o manifesto do movemento asociativo no Concello de Santiago

26/10/2023

Persoas usuarias do Servizo de atención diúrna terapéutica tamén fixeron a lectura no centro de Sarela. No Hospital Clínico de Santiago tamén atendemos unha mesa informativa á que se sumaron profesionais deste centro sanitario.

Esta mañá, a pesar de ter que suspender a nosa tradicional andaina, non renunciamos a celebrar o Día do Dano Cerebral. O Concello de Santiago posibilitou facer a lectura do manifesto de FEDACE no salón nobre do Pazo de Raxoi. Toda a corporación, presidida pola alcaldesa Goretti Sanmartín, fixo un receso no Pleno que se estaba a celebrar e poder asistir á lectura que realizaron Laura, José, Ana Isabel e Victorino, todos e todas persoas con Dano Cerebral. Previamente a alcaldesa deu a benvida a todas as persoas presentes e a vicepresidenta de Sarela, Concha Otero, presentou o acto e ás persoas que deron lectura ao texto.

 

Lectura en Sarela

A casa do Concello de Santiago non foi o único escenario para a lectura das nosas demandas. Na nosa casa, na sede da asociación, as persoas usuarias do Servizo de atención diúrna terapéutica tamén traballaron e leron o manifesto. Neste caso quen puxo voz ás demandas de todas as persoas e familias con #DCA foron Ismael, Antonio, Eva e Carmen Matilde.

 

Mesa informativa no Hospital Clínico

O Hospital Clínico de Santiago tamén se uniu á celebración do Día do Dano Cerebral coa participación dun grupo dos seus profesionais na mesa informativa que persoas con DCA, profesionais e participantes no noso voluntariado atenderon alí esta mañá. Tamén compartiron o xesto que simboliza o apoio ás persoas con Dano Cerebral.

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información