• banner web aniversario2

Noticias

Día do Dano Cerebral 2020

Día do Dano Cerebral 2020

Sede da Xunta de Galicia en San Caetano iluminada en azul para conmemorar o Día do DCA

Sarela celebrou un ano máis, e van catorce, a conmemoración do Día do Dano Cerebral. A situación tan excepcional pola que pasamos obrigou a cancelar non só as actividades que se realizaban os últimos anos senón tamén as planificadas pola celebración do 20 aniversario de Sarela. A nosa asociación non faltou á lectura do manifesto que cada ano recolle a visión e demandas do movemento asociativo do Estado e contamos co apoio simbólico de institucións como a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago ao iluminar as súas sedes.

 

Iluminación do Pazo de Raxoi na Praza do Obradoiro.

 

Iluminación das Torres Hejduk na Cidade da Cultura.

 

Un dos actos máis importantes ao longo do ano para Sarela era a marcha que persoas socias, familiares, profesionais, amigos e representantes institucionais realizabamos en Santiago con motivo da celebración odo Día do Dano Cerebral. A camiñada remataba na Praza do Obradoiro coa lectura do manifesto que todas as entidades do movemento asociativo redactamos para todo o Estado.

 

Este ano este acto, xunto con outros como era a instalacións de puntos informativos en Santiago, Arzúa, A Estrada e Ribeira, non foron posibles. A pesares diso, o luns 26 Sarela leu o manifesto a través dun vídeo gravado por   Miguel, María, Jose Ángel e Víctor, persoas usuariasdos servizos de Sarela.

 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.