Día Internacional da Muller | Xornada “Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?”

05/03/2020

Con motivo da celebración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller, a Comisión da Muller do CERMI Galicia organiza o martes 10 a xornada “Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?” na que abordar a situación das mulleres con discapacidade ante as distintas violencias machistas. Rocío García, directora de Sarela, participará, xunto con outras representantes de entidades do terceiro sector, na mesa redonda “Experiencias: mulleres con discapacidade ante a violencia”

Con motivo da celebración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller, a Comisión da Muller do CERMI Galicia organiza o martes 10 a xornada “Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?” na que abordar a situación das mulleres con discapacidade ante as distintas violencias machistas. Será entre de 10 a 14 horas na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES) situada na rúa de Manuel María 6 – Salgueiriños (Santiago de Compostela).

 

Rocío García, directora de Sarela, participará, xunto con outras representantes de entidades do terceiro sector, na mesa redonda “Experiencias: mulleres con discapacidade ante a violencia” para falar da experiencia de acompañamento dun caso de violencia de en mulleres con dano cerebral adquirido.

 

A continuación podes consultar o programa completo así como a forma de inscrición

 

PROGRAMA

 

10:00 h. Inauguración da Xornada

 

Dna. Susana López Abella, secretaria Xeral de Igualdade.

D. Iker Sertucha Lista, presidente do Cermi Galicia.

Dna. Noa Díaz Varela, concelleira de igualdade do Concello de Santiago .

 

10:30 h. Conferencia “Muller con discapacidade: protección ante a violencia” 

 

Dna. Rosalina Carrera, fiscal Delegada Autonómica de Violencia de Xénero de Galicia. 

Oficina de Atención a Vítimas da violencia: Psicólogo e traballador Social.

Dna. Alejandra Domínguez, policía Xudicial da Unidade de Atención a Familia e Muller da Policía Nacional de Santiago de Compostela.

Dna. Mª Concepción Rodríguez, terapeuta do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Moderadora: Dna. Laura Seara, asesora Nacional da Fundación CERMI Mulleres.

 

12:00 h. Pausa café

 

12:30 h. Mesa redonda “Experiencias: mulleres con discapacidade ante a violencia”

 

Dna. Isabel Quintairos, representante do Comité en primeira persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia. As persoas con Saúde Mental ante a violencia.

Dna. Mª Carmen González, mediadora de FAXPG. Experiencia en acompañamento a mulleres xordas que sofren violencia.

Dna. Rocío García, psicóloga e directora de SARELA-FEGADACE. Experiencia no acompañamento dun caso de violencia en mulleres con DCA: violencia de xénero.

Representante de ASPERGA-AUTISMO Galicia. Experiencia persoal dunha muller con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

Moderadora: Dna. Rocío Rey Sanmartín

 

13:45 h. Clausura da xornada e conclusións

 

Dna. Laura Seara, asesora Nacional da Fundación CERMI Mulleres.

Dna. Mª Dolores Venancio, responsable da Comisión Muller do CERMI Galicia.

 

 

A inscrición pode realizarse contactando co CERMI Galicia: cermi.galicia@once.es / 981206900 (ext.: 121108).

 

 

 

 

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información