Documentación para familias e persoas con dano cerebral na web

07/07/2015

A páxina de Sarela ofrece ducias de recursos para a atención ao DCA

A páxina web de Sarela é un recurso de utilidade para as familias e persoas con dano cerebral adquirido. Nela pódese descargar, de maneira moi sinxela, un montón de documentación de utilidade para mellorar a atención á persoa con DCA, localizar recursos ou extraer ideas que axuden a mellorar a convivencia con esta discapacidade.
 
Toda esta documentación está centralizada no apartado de 'dano cerebral'. Este inclúe ata once guías de apoio diferentes. Algunhas son de temática máis ampla e xeral, como a Guía de Familias de FEDACE. Outras están centradas nalgunha das secuelas do DCA, como, por exemplo, a Guía de Nutrición para persoas con disfaxia que editou o Imserso. Tamén hai documentos específicos para persoas coidadoras, como a guía de boas prácticas para O coidado e a promoción da autonomía persoal que publicou o Goberno de Aragón.
 
Ademais das guías, o movemento asociativo do dano cerebral produce cada ano un exemplar da colección 'Cadernos FEDACE'. Estes cadernos son o resultado dun ciclo de obradoiros sectoriais que a Federación Española de Daño Cerebral organiza anualmente. Ata o momento publicáronse 16 cadernos, adicados a temas como a terapia ocupacional, a sexualidade, as familias, as alteracións condutuais ou o deseño de obradoiros para a inclusión, sempre en relación co dano cerebral adquirido.
 
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información